MORRIÑA
por El Responsable
“Chegóu das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo…
O negriño foi medrando na aldea, onde deprendéu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morréu o home rico e Panchito trocóu de amo para ganalo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor… Aínda que era negro coma o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdéu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sintéu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeóu polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezóu cun home da súa aldea e confesóulle saloucando:
-Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
Panchito retornóu á aldea. Chegóu probe e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e máis un traxe branco…”
Cousas, de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao; na Obra completa. 1. Narrativa e Teatro; Akal, 1992; pxs. 99-100.
Quė bonito escribía Castelao. Estando “fora da terra” parece además que te deja con un ay… ¿Entonces… morriña viene de morrer?
En algún sitio leí, hace tiempo, que “morriña” era “unha morte pequeniña”. No sé si la explicación tiene algún fundamento real. Tampoco importa. Tiene belleza y basta.