SARPEDÓN

por El Responsable

“Glaukos, ¿por que entón, pois, nolos dous
somos honrados con preferencia,
en asento e en carnes e en tazas de viño máis cheas,
en Lykíe, e todos como a deuses nos miran,
e temos para nós un grande territorio nas beiras do Xanthos,
fermoso, de plantío e de terra de labor, fértil en trigo?;
polo tanto agora, estando entre os Lykioi de primeiros,
é preciso
que a pé firme resistamos e participemos na ardente loita,
para que algún dos Lykioi, solidamente armados
de couraza, diga:
Non é sen gloria que reinan na Lykía
os nosos reis, e consumen gordos carneiros
e viño escollido, doce coma o mel; mais tamén, pois,
o seu vigor
é excelente, visto que entre os Lykioi de primeiros combaten.

Porque, amigo meu, se, por fuxirmos agora desta batalla,
xa para sempre, sen vellez e inmortais, fosemos
ser, nin eu mesmo no medio dos primeiros loitaría,
nin a ti te traería para a loita, que dá honra ó home;
mais agora, xa que, en todo caso, as deusas da morte
están sobre nós,
ós millares, ás que é imposible que un mortal
fuxa nin escape,
vaiamos, ben a alguén gloria deamos, ben alguén a nós.”

Ilíada, Canto XII; tradución de Evaristo de Sela; Consello da Cultura Galega, 1990; pg. 389.

Apunte realizado por Augusto Ferrer-Dalmau en Afganistán (2012)

Apunte realizado por Augusto Ferrer-Dalmau en Afganistán (2012)

Anuncios